Comeza a Liga de Campións que revoluciona o formato de competición
Desaparece a fase de grupos e no seu lugar créase unha liga en que cada equipo xogará oito partidos
A Champions de 36 equipos e máis partidos que nunca ponse en marcha. Concibida como unha liga na súa fase inicial, o obxectivo dos grandes será meterse entre os oitos primeiros, que son os que acceden directamente a oitavos. O Real Madrid, con Mbappé de branco, debuta o martes no Bernabeu ante o Stuttgart. Tchouameni, Bellingham e Militão entran na convocatoria.
O Xirona, unha das sensacións da temporada pasada, estréase en competición continental e faino pola porta grande. O mércores visita o Paris Saint Germain disposto a todo.
O xoves será a quenda do Barcelona de Hansi Flick. Enchufados na liga, os cataláns aspiran a alongar o seu percorrido en Europa. Iníciano en Mónaco, rival que só perdeu dous dos nove últimos partidos como local, e sen Dani Olmo. O Atlético de Madrid tamén xoga o xoves. Recibe o Leipzig no Metropolitano.