Publicador de contidos

Publicador de contidos

Corea do Sur declara o loito e investiga a avalancha que xa deixou 154 mortos

Corea do Sur declara o loito e investiga a avalancha que xa deixou 154 mortos

A cifra pode aumentar porque hai uns 133 feridos

G24.gal 30/10/2022 15:36

As autoridades de Corea do Sur confirmaron 154 mortos e 133 feridos na avalancha e avanzan que as cifras poden aumentar.  
Moita xente aínda non deu cos seus seres queridos. Están denunciadas máis de 350 desaparicións.

Unha muller di que o seu familiar non figura na lista de vítimas identificadas ata o momento.

Un australiano que vive en Seúl perdeu os tres amigos que o acompañaban. Un morreu e os outros dous están hospitalizados. Explica que á rúa onde se orixinou a traxedia non deixaba de entrar xente.

É unha rúa estreita, de menos de catro metros de ancho e en pendente. As testemuñas din que houbo unha caída masiva desde arriba. Moitas vítimas morreron por asfixia.

O xefe dos bombeiros indicaba no lugar que eran sobre todo adolescentes e mociños duns vinte anos e que tamén había estranxeiros.

De feito, ata agora sábese de 19 estanxeiros mortos de 14 países distintos.

O presidente do país visitou o lugar e prometeu que investigarán as causas a fondo para que non volva ocorrer.

A continuación, o mandatario decretou loito oficial no país.

Moitas testemuñas din que faltou policía e un maior control, tendo en conta que a festa de Halloween reuniu arredor de 100.000 persoas neste barrio de ocio da cidade.

Un veciño mantén, porén, que logo de tres anos de restricións pola covid a mocidade tiña ansia de celebrar e que era difícil limitar a participación.

O país non deixa de recibir condolencias oficiais desde distintos puntos do mundo.

Corpos das vítimas na rúa en Seúl Corpos das vítimas na rúa en Seúl
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade