Cargando resultados...
Cristóbal Parralo acusa a falta de contundencia na derrota
O técnico manifestou a súa decepción tras o partido
G24.gal
16/11/2024 16:50
Cristóbal Parralo acusa a falta de contundencia en liñas defensivas na derrota dos seus por dous goles a cero. Os de Ferrol suman xa a súa segunda derrota en liña contra un poderoso Eibar o que lle bastaron dous momentos de lucidez de Jorge Pascual para obter a vitoria.
O adestrador do Rácing falou dun "querer e non poder" durante todo o encontro. "Intentámolo ata o final, mais non estivemos ben" declarou o adestrador tras o partido en Ipurúa.
O técnico falou tamén da sensación de decepción ante a imposibilidade de competir nun partido no que "viñamos coa ilusión de competir e gañar e non puido ser".