Cucurella: "É mellor sermos un equipo que ter estrelas"
"O feito de virmos como tapados axudounos, moi poucos daban algo por nós", asegurou o lateral
O duelo ante Kylian Mbappé, un dos mellores xogadores do mundo, é unha das preocupacións de España para as semifinais da Eurocopa. Marc Cucurella deu dúas claves para frear o novo xogador do Real Madrid: "Estarmos unidos e sermos solidarios nas axudas".
"Eles teñen xogadores arriba moi rápidos. Se estamos atentos nas recuperacións teremos moitas posibilidades", analizou o lateral esquerdo da selección española. "O fútbol é máis xogo colectivo", explicou Cucurella, que falou da importancia de ser un equipo. "É mellor sermos un equipo que ter estrelas", asegurou o internacional, que considera que o non ser favorita foi algo que lle axudou á selección española.