Derrota polémica do Arenteiro ante o Sestao River (2-1)
O Arenteiro perdeu un partido no que pelexou ata o derradeiro minuto
O Arenteiro caeu derrotado con polémica ante o Sesto River por 2 goles a 1 nun partido no que pelexou ata o último minuto. O partido comezaba con intensidade cando o colexiado non sinalaba penalti na acción sobre Diego Gómez, o xogador foi apercibido con tarxeta amarela por, a percepción do árbitro, tirarse no encontrón co gardameta rival.
Tras isto, viría no minuto 22 de partido o gol de Etxaniz, xogador do Sestao River. Poucas ocasións habería no transcurso da primeira metade onde xa cara ao final desta Asier Córdoba anotaría o 2-0 para o Sestao.
Na segunda metade o Arenteiro tería numerosas ocasións para poñerse por diante, pero non sería ata o minuto 90+4 que chegaría o tanto de Adrián Cruz, que xa de pouco serviría para os galegos que perderon a oportunidade de puntuar como visitantes.