Desaloxan máis de cen persoas por un incendio nunha residencia de maiores de Palma
Non houbo feridos graves, malia a voracidade das lapas
O lume comezou sobre as oito da tarde deste martes nun dos cuartos da residencia de maiores de Palma de Mallorca. Aínda se descoñecen as causas. Toda a segunda planta quedou arrasada polo incendio.
A situación vulnerable dos maiores fixo que se mobilizasen todas as ambulancias de urxencias e un cento de efectivos, entre policías, bombeiros e sanitarios. E foi clave a rapidez nos desaloxos para que non houbese feridos graves. Houbo dous leves, que tiveron que se atendidos por inhalación de fume.
O lume quedou apagado nunha hora e vivíronse momentos de moita tensión. Sobre todo cando comezaron a chegar os familiares dos internos, moi alterados, preocupados pola situación.
A maioría dos desaloxados pasaron a noite na casa da familia e agárdase que hoxe poidan regresar todos ao centro.