Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen o exdeputado de AGE Xabier Ron e rexistran o seu material informático

Deteñen o exdeputado de AGE Xabier Ron e rexistran o seu material informático

Entre os rexistros realizados están as dependencias do instituto de Pontedeume onde o arrestado dispensa clase

Xabier Ron durante unha conferencia de prensa en 2016 (Arquivo/Europa Press) Xabier Ron durante unha conferencia de prensa en 2016 (Arquivo/Europa Press)
G24.gal 29/01/2025 12:10 Última actualización 29/01/2025 12:33

A Garda Civil detivo este martes a Xabier Ron Fernández, exdeputado no Parlamento de Galicia por Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) entre 2012 e 2016.

Segundo confirma a Garda Civil a detención produciuse no marco dunha operación en que efectuaron varios rexistros no seu material informático, entre eles no Instituto de Educación Secundaria Breamo de Pontedeume, no que exercía o seu labor de docente este curso.

A investigación está levada a cabo pola Garda Civil baixo a supervisión do Xulgado 1 de Santiago de Compostela e está baixo segredo de sumario. Fontes próximas ao caso confirmaron a Europa Press que hai unha persoa menor implicada no caso.

Ademais de deputado, Ron tamén foi candidato á alcaldía de Santiago de Compostela por Esquerda Unida nas eleccións municipais de 2007 e 2011.

Tras abandonar a primeira liña política e antes de dar clases en Pontedeume exercera como docente en Ames.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos