Cargando resultados...
Detido o presunto autor do tiroteo de Texas tras catro días fugado
Estaba en busca e captura por matar cinco veciños a semana pasada

G24.gal
03/05/2023 08:36
Última actualización 03/05/2023 11:00
Detido o presunto autor do tiroteo de Texas tras catro días fugado. Segundo informou a policía, localizárono escondido nun armario tras o aviso dun cidadán ao FBI.
Francisco Oropesa estaba a poucos quilómetros da localidade texana de Cut and Shoot, onde o venres pasado matou a tiros cinco veciños.
Un deles pedíralle que deixara de facer ruído e o arrestado respondeu disparando contra cinco persoas, incluído un neno de nove anos.