Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home por cinco incendios en Trasmiras e investigan a outro como autor doutros catro nas Neves

Deteñen un home por cinco incendios en Trasmiras e investigan a outro como autor doutros catro nas Neves

Os cinco incendios polos que foi arrestados rexistráronse todos na mesma madrugada

Os axentes ambientais da UIFO estableceron un operativo de vixilancia con medios humanos, auxiliados por medios tecnolóxicos, para identificar o presunto incendiario das Neves

Europa Press Europa Press
G24.gal 25/09/2026 15:35

A Garda Civil detivo un home de 74 anos como presunto autor de cinco incendios forestais no municipio ourensán de Trasmiras, os cales queimaron sete hectáreas.

O Equipo de investigación de incendios da Garda Civil detivo o 24 de setembro a este veciño de Calvos de Randín. Os cinco incendios no termo municipal de Trasmiras tiveron lugar durante a madrugada do día 24.

Un investigado nas Neves como suposto autor de catro incendios

​​​​Axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Xunta de Galicia e do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) puxeron en coñecemento da autoridade xudicial a investigación dunha persoa, veciña do municipio das Neves (Pontevedra), como presunta autora de numerosos incendios forestais provocados de xeito intencionado.

As investigacións, segundo informou este venres a Xunta nun comunicado, iniciáronse o pasado 21 de maio tras producirse un incendio forestal na zona, e continuaron despois dun segundo incendio rexistrado o 22 de xuño.

Tras estes dous lumes, dado o alto potencial de propagación da superficie forestal afectada e o elevado risco para os veciños do lugar de Altamira, os axentes ambientais da UIFO estableceron un operativo de vixilancia con medios humanos, auxiliados por medios tecnolóxicos.

Así, o 17 de xullo e o 4 de setembro, este dispositivo de vixilancia rexistrou dous novos incendios nos que se puideron obter probas sobre a autoría da persoa investigada por estes feitos.

Tamén colaboraron os axentes ambientais do Distrito Forestal XVII e os bombeiros forestais, que participaron activamente ao longo de toda a investigación.

Esta actuación, sinala a Xunta, cobra especial relevancia nun ámbito territorial cunha elevada actividade incendiaria, no que as condicións especiais do terreo e climáticas favorecen propagacións do lume especialmente virulentas e rápidas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade