Cargando resultados...
Detido un home en Ferrol acusado dun roubo con intimidación nun estanco
O arrestado xa pasou a disposición xudicial

G24.gal
15/01/2025 14:01
A Policía Nacional detivo un home acusado dun atraco en Ferrol
O arrestado, que xa pasou a disposición xudicial, entrou nun estanco cun coitelo de cociña
e pediulle ao dono os cartos dispoñibles. Está acusado de roubo con intimidación.
A vítima entregoulle uns 1.300 euros e o ladrón abandonou o estanco. Tras saír tras el, e xa na vía pública, a vítima pediu a axuda de membros da Policía Nacional que estaban cerca e conseguiron detelo.