Prisión comunicada e sen fianza para o detido por agresión sexual na Laracha
Este home chegaría a bicar e realizar tocamentos á menor, momento no cal foi increpado por veciños, que alertaron a Garda Civil

A xuíza do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, do home detido por agresión sexual a unha menor na Laracha.
A Garda Civil detivo esta pasada fin de semana este home por un suposto delito de agresión sexual a unha menor, de 17 anos de idade, durante a romaría de Santa Lucía que se celebra cada ano na parroquia de Soandres.
Os feitos ocorreron na madrugada do sábado ao domingo ante a mirada de moitas persoas que estaban alí presentes.
Este home chegaría a bicar e realizar tocamentos á menor, momento no cal foi increpado por veciños, que alertaron a Garda Civil.
Os axentes detivérono e trasladárono a dependencias do Instituto Armado na Laracha, á espera de pasar a disposición xudicial.