Fala a filla de Pelicot: "Creo que a min tamén me violou"
Desvelou na BBC que a policía atopou no ordenador do pai imaxes de cando ela era moza, inconsciente nunha cama e só con roupa interior
Hoxe Caroline Darian, que renunciou ao apelido paterno, ten 46 anos e dedícase a loitar contra a submisión química
A filla de Dominique Pelicot, considerado un dos maiores depredadores sexuais deste século, cre que seu pai tamén a violou a ela. Pero di que a diferenza con súa nai, non ten proba en imaxes. Nas que atopou a policía, no 2000, a filla de Pelicot aparece na mesma posición que súa nai Gisele: totalmente inconsciente, deitada sobre o lado esquerdo e cunha roupa interior que non era dela.
"Como un terremoto ou un tsunami, non se pode imaxinar ata que punto dana algo así", retalou Caroline Darian
E acaba afirmando que Dominique Pelicot, condenado a 20 anos de cadea por drogar a súa muller para que a violasen máis de 200 veces, máis de 50 homes, nunca debería saír do cárcere porque é perigoso, un dos peores depredadores sexuais dos últimos 30 anos.