Detido un home por roubar un radar móbil da Garda Civil en Oia
Os axentes da Garda Civil viron como home, un veciño do Porriño de 61 anos, metía o aparello cinemómetro na súa furgoneta

Un home de 61 anos foi detido por roubar un radar móbil que a Garda Civil colocara na estrada PO-552 á altura da localidade pontevedresa de Santa María de Oia.
Os feitos tiveron lugar o pasado 3 de agosto, cando axentes da Garda Civil de Tráfico do Porriño levaban a cabo un control de velocidade no sur da provincia pontevedresa.
Os axentes decatáronse que o radar deixara de enfocar á vía e, ao atoparse nas proximidades do lugar onde o situaban, puideron observar ao home que llo levaba e introducíao na parte traseira dunha furgoneta.
Grazas ao sistema antirroubo do cinemómetro, minutos máis tarde lograron interceptar o individuo, identificado como un home de 61 anos veciño do Porriño, segundo trasladou este luns a Garda Civil.
O dispositivo presenta danos debidos ao golpe que sufriu ao ser lanzado contra o chan do vehículo do detido, ao que se imputan un delito de furto e outro de danos polos que se expón a penas de ata 42 meses de cárcere, ademais de multas económicas.