Cargando resultados...
Detido un menor por acoitelar a outro mozo en Cee
O rapaz tivo que ser intervido, pero evoluciona favorablemente

G24.gal
07/01/2025 11:32
A Garda Civil detivo este martes un menor como o suposto autor do acoitelamento a outro mozo na véspera do día de Reis en Cee (A Coruña).
A vítima, de 18 anos, foi agredida o 5 de xaneiro en plena zona da Alameda sobre as sete e media da tarde e socorrérono os efectivos das forzas de seguridade que participan na cabalgata.
O rapaz, que presentaba feridas na zona abdominal, foi operado de urxencia no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, no que se atopa ingresado e fóra de perigo.