Cargando resultados...
Difícil atopar pisos para os traballadores nas zonas da costa
Moitos hostaleiros das zonas turísticas ofrecen aloxamento ao persoal que contratan no verán
G24.gal
02/06/2024 14:28
Levan 32 anos con este restaurante ás aforas de Foz. Funcionan moi ben, pero aínda andan buscando dous traballadores máis para este verán.
Nestoutro restaurante en mesmo Foz durante o verán traballan 26 persoas.
Os empresarios búscanlle aloxamento para os traballadores que veñen de fóra.
Nesta casa de comidas o seu dono aluga un piso durante todo o ano para ter onde aloxar aos traballadores que veñen no verán.
A escaseza da vivenda en alugueiro, o elevado prezo da que está dispoñible e o aumento de vivendas turísticas contribúen a unha situación que suscita as queixas dos hostaleiros da costa.