Dous goles do porteiro Kaluza danlle a primeira vitoria ao Burela Pescados Rubén
O equipo da Mariña derrotou por 3-1 o Ribera Navarra
Empate (3-3) do Noia diante do histórico El Pozo Murcia
O Noia Portus Apostoli e o Pozo de Murcia disputaron un partido de poder a poder (3-3). Comezaron forte os locais co gol de Power pero empatou Rafa Santos para os murcianos antes do descanso. O momento quente do partido chegou entre o minuto 27 e o 32. Marcel marcou para El Pozo, igualou David Pazos, Esteban volveu a anotar a prol dos visitantes e Altamirano volveu poñer o empate que xa sería definitivo.
O Burela Pescados Rubén festexou a primeira vitoria da temporada diante da súa afección contra o Ribera Navarra (3-1). O gran protagonista do triunfo foi o porteiro Kaluza, que marcou dous goles. O outro, co que abriu o marcador o equipo mariñán, foi anotado por Charly. Os navarros recortaron diferenzas no último minuto.