Cargando resultados...
Dous traballadores feridos nunha explosión rexistrada nunha pirotecnia de Valencia
Foron trasladados á unidade de queimados do hospital da Fe de Valencia

G24.gal
06/07/2023 13:49
Dous traballadores quedaron feridos nunha explosión rexistrada nunha pirotecnia da localidade valenciana de Vilamarxant.
Son dous homes, de 61 e 58 anos, que traballaban nunha das casetas onde se mesturan a pólvora e o resto de ingredientes.
O máis novo ten queimado máis de 75 por cento do corpo. Foron trasladados á unidade de queimados do hospital da Fe de Valencia.