Cargando resultados...
Eleccións para renovar seis consellos reguladores no agro galego
Renóvanse os órganos da dirección da carne de vacún, do viño do Ribeiro, das Rías Baixas, de Valdeorras e de Monterrei e mais do mel de Galicia

G24.gal
19/02/2023 13:21
Este domingo celébranse eleccións en parte dos consellos reguladores galegos. Máis de 9.500 persoas van votar para renovar os órganos de dirección de seis denominacións de orixe e indicacións xeográficas.
A carne de vacún, con 7.500 inscritos e o viño do Ribeiro, con 1.000, concentran a meirande parte de electores. Tamén se renovan os órganos nas denominacións Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei e Mel de Galicia. Noutros nove consellos houbo candidaturas de consenso e non é preciso votar.