En liberdade o home que intentou atropelar a súa exparella e a irmá en Vigo
A xuíza impúxolle unha orde de afastamento dela e dos seus fillos
A xuíza deixa en liberdade o home detido en Vigo por tentar atropelar a súa exparella e a súa irmá. Impúxolle unha orde de afastamento dela e dos seus fillos.
Aconteceu o mércores en Vilaverde, na parroquia viguesa de Zamáns, onde vive a moza acosada.
O agresor chamouna desde un bar e acabou achegándose á casa en que conviviran hai varios meses. Despois tentou atropelar a súa exmoza de vinte e cinco anos e a irmá dela.
As mulleres malia o susto resultaron ilesas.
A Policía Nacional cualificou os feitos como intento de homicidio. O agresor, orixinario do Val Miñor, foi detido e está previsto que preste declaración nesta xornada no Xulgado de Violencia sobre a Muller número un de Vigo.