Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ence anuncia que reactivará investimentos e proxectos paralizados desde 2016

Ence anuncia que reactivará investimentos e proxectos paralizados desde 2016

A sentenza do Supremo que garante o futuro da planta en Lourizán ata 2073 despexa o futuro da empresa e dos traballadores

Desde que se coñeceu a decisión xudicial as accións da compañía xa incrementaron un 28 por cento o seu valor

G24.gal 08/02/2023 14:41

Tras a euforia e as celebracións ao coñecer a sentenza xudicial, o día despois comeza para os traballadores pensando no futuro da planta e na súa viabilidade. 

Pola súa banda, a empresa di que agora teñen a seguridade xurídica que precisan para desenvolver os plans previstos. Ence confirma a reactivación dos proxectos paralizados e do plan social. Algo que tamén piden os axentes sociais, que defenderon a continuidade da planta na ría de Pontevedra.

A defensa dos postos de traballo foi clave para os concellos da contorna que apoiaron a biofábrica. 

O argumento do Supremo non convence aos que pedían a marcha de Ence de Lourizán. O alcalde critica a sentenza e di que continuará coa loita. 

Os traballadores lamentan as palabras do alcalde e pídenlle que desista na súa batalla.  

Ence prevé un impacto positivo de 169 millóns na súa conta de resultados. Polo momento, tras coñecerse a decisión do Alto Tribunal, as accións da compañía disparáronse máis dun 28 por cento. 

O presidente da Xunta avisa de que a Xunta velará para que Ence cumpra os seus compromisos medioambientais e de investimentos. Alfonso Rueda di que a decisión do Supremo é unha boa nova, que pon fin a anos de incerteza para moitas familias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos