Ence avanza na construción nas Pontes dunha nova factoría para producir fibras naturais
Na primeira fase do proxecto vanse investir 125 millóns de euros
Un paso adiante cara a unha economía circular. Ence producirá nas Pontes fibras naturais recicladas a partir de cartón e papel recuperado. Será nunha primeira fase do proxecto en que vai investir 125 millóns de euros. A planta asentarase nos terreos da central térmica de Endesa e será autosuficiente. Xerará toda a enerxía renovable, térmica e eléctrica que requira o proceso.
"É un proceso innovador. Ninguén está branqueando cartón recuperado e papel recuperado con ozono, dándolle un tacto suave e unha cor branca pura nun proceso que non é contaminante. Todas as probas que fixemos en Francia, en Italia e Alemaña deron ben", explica Ignacio Colmenares, conselleiro delegado de Ence.
O proxecto completarase cunha planta de coxeración de biomasa e cunha liña de fabricación de 30.000 toneladas anuais de produtos hixiénicos e rolos de papel recuperado. En total, estímase que se poderán crear preto de 1.200 postos de traballo entre directos, indirectos e inducidos.
"Estamos acomentendo este proceso de transformación do tecido produtivo para converter o que foi unha situación de dificultade como o peche da centra térmica nunha oportunidade", dixo Francisco Conde, vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Industria.
O obxectivo é que poida estar operativa en 2026.