Entran en Gaza desde Exipto decenas de camións de axuda polo paso de Kerem Shalom
É a primeira vez que Exipto envía axuda a Gaza desde que Israel tomou hai vinte días o lado palestino do paso de Rafah

Decenas de camións con axuda entraron este domingo desde Exipto á franxa de Gaza a través do paso de Kerem Shalom, controlado por Israel, incluído combustible, informaron diversas fontes exipcias.
Os camións, con 20 toneladas de alimentos cada un, e catro cisternas empezaron a entrar a pasada madrugada desde o territorio exipcio ao corredor que leva a Kerem Shalom, onde son inspeccionados por Israel, aseguran fontes de seguridade e da Media Lúa Vermella exipcia.
Trátase da primeira vez que Exipto envía axuda a Gaza desde que Israel tomou fai vinte días o lado palestino do cruzamento de Rafah, no sur do enclave e fronteirizo coa Península do Sinaí.