Cargando resultados...
España necesita 24 millóns de inmigrantes para soster as pensións
O Banco de España calcula que as últimas reformas non bastan
Alerta de que a suba das cotizacións destruirá postos de traballo

Antón Montero
30/04/2024 18:02
Última actualización 30/04/2024 19:53
O Banco de España calcula que o noso país necesitaría 24 millóns de inmigrantes nos vindeiros 30 anos para garantir o pago das pensións.
No seu último informe, o regulador advirte de que as reformas introducidas ata agora, como os incentivos á xubilación demorada, non chegan para cubrir as futuras necesidades do sistema.
Alerta ademais de que a suba das cotizacións, como a que entrará en vigor o ano que vén, terán un impacto negativo sobre o emprego: o Banco de España calcula que cada punto de incremento nestas partidas suporán a destrución de 50.000 empregos en catro anos.