España, outra vez campioa de Europa de hockey
A selección anfitrioa derrotou a Portugal en Noia (4-2)
É o 19.º título europeo para España, terceiro consecutivo

A selección española de hóckey volveuse proclamar onte campioa de Europa. É a décimo novena vez, terceira consecutiva, e chegou en Noia logo da final diante de Portugal.
O partido comezou de cara para España, que se puxo 3-0 con dous goles de Marc Grau e outro de Marc Juliá. Portugal meteuse no partido con dous tantos de Gonçalo Alves, pero Marc Juliá anotou xusto despois o 4 a 2 que xa sería definitivo. Entre os integrantes da selección campioa de Europa estaba o galego César Carballeira.
España volve ao máis alto con este terceiro título europeo consecutivo, despois de pasar máis apuros na semifinal, que resolveu na quenda de penaltis contra Italia.