Estados Unidos anuncia novas sancións contra Rusia pola invasión de Ucraína
Afectan unha rede de 40 individuos e empresas, liderada polo oligarca ruso Konstantín Maloféyev
Tamén foron sancionados o banco comercial ruso Transcapitalbank e a compañía de criptomoedas rusas Bitrive

Estados Unidos anunciou este mércores unha nova batería de sancións contra unha rede de 40 individuos e empresas, liderada polo oligarca ruso Konstantín Maloféyev, que supostamente está a axudar a Rusia a evitar as sancións de Occidente pola guerra en Ucraína.
Tamén foron sancionados o banco comercial ruso Transcapitalbank e a compañía de criptomoedas rusas Bitriver, así como as súas subsidiarias, segundo detallou o Departamento do Tesouro nun comunicado.
"O Tesouro pode e irá contra aqueles que evaden, tentan evadir ou axudan a evadir as sancións de EE. UU. contra Rusia, porque están a axudar a apoiar a brutal guerra que (o presidente ruso Vladímir) Putin elixiu librar", dixo o subsecretario de Terrorismo e Intelixencia Financeira do Tesouro, Brian Nelson.