Cargando resultados...
Unha explosión de gas nun edificio de Lugo obriga a desaloxar un edificio
O suceso saldouse sen feridos

Rosa Fernández
29/10/2021 21:05
Unha explosión de gas obrigou a desaloxar un edificio situado na zona histórica de Lugo. A detonación non causou feridos, pero foi necesario desaloxar os veciños.
A consecuencia da explosión romperon os cristais da porta do portal que saíron despedidos cara á rúa, pero sen provocar máis danos. A explosión causou unha grande alarma entre os veciños da rúa.