Cargando resultados...
Falece na Coruña Roberto Tojeiro Peleteiro, presidente do grupo madereiro Intasa
Era tamén accionista e conselleiro do Grupo Gadisa, do que é presidente o seu primo Roberto Tojeiro Rodríguez

G24.gal
10/12/2024 09:29
Roberto Tojeiro Peleteiro, presidente do grupo madeireiro Intasa, faleceu este luns na Coruña, cidade na que residía. Natural das Pontes, era tamén accionista e conselleiro do Grupo Gadisa, do que é presidente o seu primo Roberto Tojeiro Rodríguez.
Enxeñeiro industrial de formación, estivo ligado ao sector madeireiro desde a súa xuventude. O grupo que presidía, Intasa (Industrias do Taboleiro SA), fora fundada en 1947.