Falece o empresario hostaleiro Gabriel Escarrer Julià, fundador de Meliá Hotels
Escarrer Julià, que en xuño do ano pasado renunciara á presidencia non executiva do Consello de Administración da entidade, morreu en Mallorca aos 89 anos

Gabriel Escarrer Julià, fundador da cadea hostaleira Meliá Hotels International, faleceu este martes en Palma aos 89 anos, confirmaron a EFE fontes próximas á familia.
Escarrer Julià renunciou en xuño do pasado ano á presidencia non executiva do Consello de Administración da entidade hostaleira e foi designado presidente de honra por unanimidade.
Gabriel Escarrer Julià nacera en Palma de Mallorca en 1935. Tiña 21 anos cando en 1956 fundou o que hoxe é o grupo Meliá Hotels International adquirindo e dirixindo un hotel de 60 cuartos na illa de Mallorca.
Durante case sete décadas, baixo a súa presidencia, o grupo turístico consolidou o seu liderado en España, berce do turismo vacacional en Europa, para estendelo despois ao Caribe americano e o Sueste asiático.