Cargando resultados...
Falece un home ao envorcar o seu tractor en Cualedro
O suceso ocorreu ás 7 da tarde nunha leira do lugar de Montes

G24.gal
27/06/2022 20:32
Un home faleceu esta tarde ao envorcar o tractor que conducía. O home traballaba nunha leira do lugar de Montes.
Foi un veciño o que alertou os servizos de emerxencia.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Verín, a Garda Civil e Protección Civil da localidade.
Por desgraza, xa non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima do accidente.