Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 50 anos ao envorcar o tractor que conducía no concello de Boiro

Morre un home de 50 anos ao envorcar o tractor que conducía no concello de Boiro

O falecido era veciño de Teaño e quedou atrapado baixo o vehículo agrícola

O tractor envorcado. FOTO: Bombeiros de Ribeira
G24.gal 28/12/2024 17:12 Última actualización 28/12/2024 21:40

Un home de 50 años e veciño de Teaño perdeu a vida este sábado tras envorcar o tractor que conducía no lugar de Runs, no concello de Boiro. Segundo informa o 112, o sinistro produciuse sobre as 15:00 horas.

Un particular alertou a central de emerxencias e ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, efectivos de Protección Civil e bombeiros de Ribeira, que liberaron o corpo da vítima. A axuda dun veciño do lugar, que tiña unha restroescavadora, foi fundamental.

Tamén acudiu persoal médico do 061, pero o home faleceu no acto. Por causas aínda sen determinar, o tractor saíu da vía, caeu por un desnivel e envorcou. 

Este é o segundo accidente de tractor en España esta semana. Un home de 72 anos faleceu na localidade cordobesa de Pozoblanco o día de Nadal, cando traballaba na súa plantación de oliveiras.

O lugar do accidente coas marcas das rodas do tractor O lugar do accidente coas marcas das rodas do tractor
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade