Cargando resultados...
Morre un motorista tras bater contra un coche en Pedrafita do Cebreiro
O accidente foi no quilómetro 9 da estrada LU-633, na parroquia de Hospital

G24.gal
28/07/2024 20:05
Última actualización 28/07/2024 22:23
Un motorista faleceu na tarde deste domingo tras colidir contra un coche en Pedrafita do Cebreiro. O accidente foi no quilómetro 9 da estrada LU-633, na parroquia de Hospital.
O persoal sanitario do 061 desprazouse ata o lugar nun helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero só puido confirmar a súa morte.
🔴 #AXEGAInforma dun motorista que faleceu tras colidir contra un coche en Pedrafita do Cebreiro.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 28, 2024
📍 Qm. 9 da LU-633, parroquia de Hospital.
➡️ Urxencias Sanitarias de Galicia-061 só puido confirmar o falecemento.
🔗 https://t.co/5KFC3zXnWb pic.twitter.com/uZdvvUeMip