Cargando resultados...
Falece un operario ao caerlle unha árbore enriba na localidade de Alfoz
Os efectivos dos servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida

G24.gal
28/02/2023 17:53
Última actualización 28/02/2023 21:29
Un operario de 22 anos e de orixe romanesa faleceu na tarde deste martes ao caerlle unha árbore enriba na localidade luguesa de Alfoz, na parroquia de Bacoi, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias.
Ata alí desprazáronse axentes da Garda Civil e efectivos dos servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida.