Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller no incendio dunha vivenda en Oleiros

Falece unha muller no incendio dunha vivenda en Oleiros

O suceso foi na rúa do Xuncal

Parece que a vítima morreu a causa da inhalación de gases

G24.gal 06/01/2025 19:01 Última actualización 06/01/2025 20:46

Tarde de Reis tráxica no concello coruñés de Oleiros tras rexistrarse un incendio cunha vítima mortal. Trátase dunha muller duns corenta anos.

 Ao lugar, na rúa do Xuncal, trasladáronse os bombeiros do parque provincial de Arteixo que participaron nos labores de extinción do lume. No operativo, participou tamén o Servizo Municipal de Emerxencias e Urxencias Sanitarias 061.

O suceso, explican desde o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, produciuse por motivos que aínda se descoñecen. En relación a estes feitos, no seu parte de incidencias, o 112 precisa que a morte puido deberse á inhalación de gases.

Os servizos de emerxencia lograron extinguir o incendio e indicaron que un moble da entrada atopábase en chamas e que o piso resultou afectado pola temperatura e os gases do incendio. Ademais atoparon dous animais mortos, un gato e un can.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade