Cargando resultados...
Ferido grave un home a coiteladas ás portas dunha discoteca en Ponteareas
A vítima permanece ingresada na UCI

G24.gal
25/03/2023 14:00
Un home quedou ferido de gravidade tras ser atacado esta madrugada cunha arma branca no exterior dunha discoteca en Ponteareas.
Tras a agresión o ferido trataou de desprazarse ata un edificio próximo deixando rastro de sangue no seu camiño. Horas despois axentes da Policía local e da Garda Civil lograban localizar o presunto agresor.
A vítima tivo que ser trasladada a un hospital onde permanece ingresada na UCI.