Cargando resultados...
Ferido o condutor dun turismo que envorcou en Pantón
O vehículo que conducía saíu da vía pola dereita e colidiu contra un noiro

G24.gal
29/01/2024 09:39
O condutor dun turismo que envorcou na estrada N-120 ao seu paso por Pantón quedou ferido. O sinistro aconteceu ás 07:10 horas deste luns no punto quilométrico 540,900.
Por causas que aínda non transcenderon, o vehículo que conducía saíu da vía pola dereita e colidiu contra un noiro. O coche quedou envorcado no medio do asfalto.