Cargando resultados...
Formoso ve "fume" nas medidas sanitarias da Xunta, en especial no rural
Valentín González Formoso nun acto do PSdeG na Fonsagrada
G24.gal
11/02/2023 16:15
O líder do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou este sábado que cre que as medidas sanitarias anunciadas pola Xunta son "fume" e "un parche" e opinou que a situación é especialmente grave no rural.
Nun acto na Fonsagrada, González Formoso afirmou que o "Goberno da Xunta de Galicia dálle as costas ao rural de Galicia, con menos colexios e menos centros de saúde".