Cargando resultados...
Fox paga 787 millóns de dólares para evitar o xuízo por difamación
A cadea de Rupert Murdoch chega a un acordo coa empresa Dominion
Presentadores e invitados da cadea dixeran que Dominion participara nunha conspiración para roubarlle as eleccións a Donald Trump

G24.gal
19/04/2023 08:52
Fox News chega a un acordo para evitar o seu xuízo por difamación. A cadea conservadora de televisión págalle 787 millóns de dólares á empresa encargada das máquinas de votación, Dominion. Esta esixíalle á Fox 1.500 millóns de indemnización tras as acusacións de fraude electoral e manipulación nos comicios de 2020.
Presentadores e invitados da cadea dixeran que Dominion participara nunha conspiración para roubarlle as eleccións a Donald Trump e darlle a vitoria a Biden. O propio Rupert Murdoch admitira que a información era falsa.