Cargando resultados...
Fran Beltrán "Que ninguén baixe do barco"
O centrocampista celeste atendeu o Galicia en Goles tras o encontro en Son Moix

G24.gal
11/12/2021 10:39
Tras as difíciles condicións de xogo, os futbolistas do Celta marcharon satisfeitos co punto acadado no feudo mallorquino. A Radio Galega foi o único medio do noso territorio presente no partido e puido conversar con algúns dos protagonistas. Un deles foi o madrileño Fran Beltrán.
"Foi difícil. Mereciamos os tres puntos por ocasións, por garra e por xerar. O equipo estivo á altura e merecía gañar. Que ninguén baixe do barco, todos imos remando e seguiremos adiante"