Cargando resultados...
Francisco Rodríguez será o candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense
Os socialistas recuperan o que xa fora alcalde entre 2007 e 2012

G24.gal
18/11/2022 20:47
Francisco Rodríguez será o candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense nas próximas eleccións municipais.
Os socialistas recuperan o que xa fora alcalde entre 2007 e 2012 e que abandonou a militancia do partido cando fora imputado na operación Pokemon.
Unha das pezas xa está arquivada e no PSdeG confían en que finalmente será exculpado de todas as acusacións.
Non haberá primarias para elixir candidato e a operación para presentar a Rodríguez conta co apoio de Ferraz.