Gabri Veiga: "Somos o Celta. Teremos Afouteza ata o final"
O canteirán falou na Radio Galega tras a derrota en San Mamés

O Celta segue sen certificar de maneira matemática a permanencia na primeira división e suma unha nova xornada sen gañar tras caer ante o Athletic. Na zona mixta do campo bilbaíno falou Gabri Veiga.
"Estamos f..... Na segunda parte estaba fastidiado polo resultado, son quente e protesto moito, a rabia. Eles erran, eu tamén. Fixemos un mal partido e temos que mellorar. Non é actitude senón que nos custa saír concentrados nos primeiros minutos. Encaixamos cedo e logo imos a remolque. Co seu segundo gol non soubemos reaccionar. Nótase a ausencia de Iago, é o mellor xogador da historia. Eu só fago de Gabri Veiga, non de Iago. Hai que gañar xa. A grande oportunidade será ante o Xirona. Co noso público seguro que o conseguimos. Será difícil, pero somos o Celta. Teremos afouteza ata o final".