Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gala Mestres, do Baxi Ferrol: "Esta vez non é un partido normal"

Gala Mestres, do Baxi Ferrol: "Esta vez non é un partido normal"

O Baxi Ferrol xoga mañá ás 18:00 h a volta dos oitavos de final da Eurocup contra o DVTK húngaro

Ten unha vantaxe de 5 puntos obtida na ida disputada na Malata

A xogadora afirma que esta diferenza "non é moi significativa"

G24.gal 15/01/2025 11:06 Última actualización 15/01/2025 11:46

A xogadora do Baxi Ferrol Gala Mestres compareceu na conferencia de prensa previa ao partido de volta dos octavos de final da Eurocup que as galegas disputarán mañá contra o DVTK Huntherm.

Mestres afirma que este encontro é unha cuestión de equipo: "Creo que estamos nun bo momento. No partido en Ferrol xogamos ben e ao ritmo que queriamos". Ademais, asegura que esta vez "non é un partido normal": "Todas sabemos o que significa, imos saír a morte".

Por outra banda, a xogadora quixo facer fincapé no curta que é a diferenza que traen da Malata: "A vantaxe non é moi significativa así que non imos pensar nos 5 puntos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade