Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incrible remonta do Baxi Ferrol, que xogará os cuartos da Eurocup

Incrible remonta do Baxi Ferrol, que xogará os cuartos da Eurocup

O equipo ferrolán perdía por 19 puntos a 8 minutos do final e acabou igualando o marcador e eliminando o DVTK húngaro

G24.gal 16/01/2025 19:21 Última actualización 16/01/2025 19:44

Incrible a remonta que logrou o Baxi Ferrol no último cuarto. Cando tiña todo perdido e semellaba eliminado dos oitavos de final da Eurocup Women, reaccionou dun xeito que ninguén o agardaba para empatar (60-60) e facer bos os cinco puntos que tiña da ida. 

Os dous equipos saíron moi duros en defensa e sen ningunha concesión ao ataque rival. O 11-10 dos primeiros dez minutos fala ás claras do partido. Pero no segundo cuarto o DVTK comezou a facer dano na pintura grazas ao acerto de Tadic (9 puntos). O Baxi seguía vendo moi pequeno o aro e só anotou 6 puntos máis ata o descanso. O resultado era de 27-16, cun 0/8 no tiro de tres para as ferrolás. 

Torceuse o partido no terceiro cuarto, cando o campión húngaro marchou de 21 puntos (39-18). Moira Joiner, con 8 puntos case seguidos, botou o equipo ás costas, pero a diferenza apenas baixou para entrar no último cuarto (47-28). Parecía todo sentenciado (53-34) pero o Baxi encadeou un parcial de 2-13 que devolveu a vida á eliminatoria (55-47 a 5 minutos do final). 

As locais tiñan o medo no corpo e o Baxi viña embalado cara á remonta. Mataix anotou unha tripla para poñer o 59-58 e o equipo acabou empatando (60-60), un resultado que lle vale para pasar aos cuartos de final nos que xogará contra o Dinamo Sassari de Italia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade