Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, Castela e León e Asturias reclaman triplicar o transporte por tren

Galicia, Castela e León e Asturias reclaman triplicar o transporte por tren

Hoxe só viaxan en tren un 4 % das mercadorías que se moven vía terrestre polo interior do Estado

O obxectivo é triplicar ese tráfico de cara a 2040 grazas a esta aposta loxística 

Os presupostos xerais para 2023 destinan case 1.700 millóns para o corredor atlántico

G24.gal 19/12/2022 16:33

Galicia, Asturias e Castela e León queren ter listo en xaneiro un documento que identifique en que hai que investir para facer competitivo o transporte ferroviario de mercadorías. Urxen avances no desenvolvemento do corredor atlántico noroeste. 

"Solicitamos un plan director, tamén un comisionado, e queremos unha folla de ruta con planificación en canto a prazos e investimentos", explicou a conselleira de Mobilidade e Transformación Dixital de Castela e León, María González Corral.

"Identificar as deficiencias, definir as infraestruturas e superar cuestións" son as prioridades segundo a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade de Galicia, Ethel Vázquez.

Hoxe só viaxan en tren arredor dun catro por cento das mercadorías que se moven vía terrestre polo interior do Estado. O obxectivo é triplicar ese tráfico de cara a 2040. É urxente tamén para os empresarios: queren ter unha loxística intermodal para poder conectar aquí o transporte por estrada, por mar e tamén ferroviario.

Os presupostos xerais para o ano que vén destinan unha partida de case 1.700 millóns para o corredor atlántico. Administracións e empresarios chaman tamén polos fondos europeos e urxen a executar esas partidas para que o corredor noroeste estea listo en 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade