Cargando resultados...
Gonzalo Rodríguez, o elixido para dirixir o Obradoiro na Leb Ouro
A carón de Moncho Fernández e Víctor Pérez formou durante catorce temporadas un dos corpos técnicos máis estables da historia da ACB
G24.gal
05/06/2024 17:02
Gonzalo Rodríguez Palmeiro será o adestrador en Leb Ouro no Monbus Obradoiro. O adestrador santiagués estivo nas últimas catorce temporadas do Obradoiro no equipo técnico de Moncho Fernández. Xunto a Víctor Pérez. Formou un staff consolidado que devolveu o equipo á ACB e durante trece campañas pelexou na máxima categoría.