Haberá partido 400 de Moncho Fernández no Obradoiro?: "Quen o sabe"
O adestrador foi despedido con berros de "MVP" pola afección
"Agora é momento de gozar da que pode ser a segunda mellor clasificación na historia do club. E logo, o futuro virá", asegurou á Televisión de Galicia
Un ano máis o público quixo premiar o traballo de Moncho Fernández e do seu cadro técnico. Na despedida final da temporada, o público quedou para aplaudir os xogadores, pero o fervor levouno o técnico de Pontepedriña, ao qeu lle berraron aquilo de "MVP!!!".
En declaracións á Televisión de Galicia, Moncho non quixo falar do seu futuro: "Quen sabe se haberá partido 400 co Obradoiro" (está a un desa marca). "Agora, o que toca é gozar da que pode ser a segunda mellor clasificación na historia do club na ACB, e o futuro virá", comentou o mítico adestrador obradoirista.