Cargando resultados...
Identifican varias persoas que supostamente difundiron imaxes de mulleres na Maruxaina
As afectadas pola publicación de imaxes íntimas teñen nomes e apelidos de persoas que as difundiron e confían en que se abran novas liñas de investigación

G24.gal
15/03/2024 16:17
Novidades no caso das gravacións non consentidas a centos de mulleres durante a Festa da Maruxaina do 2019.
Foron identificadas algunhas das persoas que difundiron as imaxes.
A asociación Bumei, que se presentou na causa como acusación, e algunhas afectadas contrataron unha empresa especializada para seguir a pista das direccións de Internet.
Agora teñen nomes e apelidos e confían en que se abran novas liñas de investigación.