Imputados tres mandos pola morte dos dous militares en Cerro Muriano (Córdoba)
Os militares morreron afogados durante unhas manobras o pasado 21 de decembro

O Tribunal Togado Militar 21 de Sevilla, encargado de investigar a morte por afogamento dos dous militares que faleceron o pasado 21 de decembro nun encoro na base de Cerro Muriano (Córdoba), acorda a imputación do capitán encargado das manobras. Tamén de outros dous mandos.
O capitán foi retirado de inmediato das súas funcións polo Ministerio de Defensa tras o suceso.
Os imputados poderían incorrer nun delito contra a eficacia do servizo, que se produce cando o militar incumpre os seus deberes fundamentais causando "grave dano nos medios ou recursos das Forzas Armadas ou nas persoas, ou risco para o servizo ou para a seguridade dunha forza, unidade ou establecemento das Forzas Armadas".
Os soldados que perderon a vida, pertencían ao exército acuático. Son Carlos León, sevillano, e o cabo cordobés, Miguel Ángel Jiménez.