Cargando resultados...
Indemnización de 54.000 euros ao Concello de Vigo polo caso Carmela Silva
O funcionario municipal condenado a máis de cinco anos de prisión xa depositou a parte que lle corresponde

G24.gal
17/01/2022 17:03
O Concello de Vigo recibirá máis de 54.000 euros de indemnización polo caso do enchufe da cuñada de Carmela Silva.
O funcionario municipal condenado por este caso a máis de cinco anos de prisión xa depositou a parte que lle corresponde para compensar o Concello.
Outros 54.000 euros deberán ser abonados pola empresa concesionaria que aboaba as nóminas da cuñada de Silva á custa de fondos municipais.