Cargando resultados...
Interior autoriza o achegamento de sete presos da ETA
Entre eles está unha das responsables do asasinato de Ernest LLuch

G24.gal
25/01/2022 21:15
O Ministerio do Interior aprobou hoxe o achegamento de sete presos da ETA, catro deles con delitos de sangue, que pasarán a cumprir a condena en prisións do País Vasco.
Entre os presos que se achegarán está Lierni Armendaritiz, condenada a 33 anos de cadea, e que é unha das responsables do atentando que matou o dirixente socialista Ernest Lluch no ano 2000.