Contido coa etiqueta .
Eta

11/01/2025 20:44
Na marcha participaron representantes de forzas como EH-Bildu, Junts, ERC, CUP, BNG ou Més Per Mallorca

Entra en vigor a lei de intercambio de información de antecedentes penais
08/11/2024 09:01
A norma permitirá a 52 presos etarras acumular as penas cumpridas en Francia e adiantar a súa saída de prisión

19/10/2024 19:37
Os montañeiros Martín Zabaleta e Pasang Temba, membros da primeira expedición de Euskadi que alcanzou a cima do Everest en 1980, realizaron o saque de honra no partido en San Mamés entre o Athlétic Club e o RCD Espanyol
Na retransmisión televisiva non se ofreceron as imaxes

O BOE publica a lei que beneficia, entre outros, a presos da ETA que cumpriron penas no estranxeiro
19/10/2024 10:57
Malia que o PP utilizou a súa maioría no Senado para rexeitar a reforma legal, o martes, o PSOE e Sumar deron por aprobada definitivamente a lei
A norma, que entra en vigor en 20 días, permitiralles a reclusos, entre eles presos da ETA saír antes do cárcere ao contabilizar as condenas xa cumpridas previamente en Francia
O PP avanza que presentará un conflito de competencias contra o Congreso ante o Tribunal Constitucional

O Congreso rexeita a devolución da lei de antecedentes por parte do Senado e decide publicala no BOE
15/10/2024 11:10
A Mesa do Congreso toma a decisión tras escoitar os servizos xurídicos da Cámara, que entenden que o rexeitamento por maioría absoluta do Senado non se pode entender como un veto

O Senado rexeita a lei de antecedentes e devólvea ao Congreso ao considerala vetada
14/10/2024 08:31
O presidente do Senado, Pedro Rollán, entende que o rexeitamento por maioría absoluta supón un veto da lei e por iso a devolve ao Congreso
O PSOE di que o Senado non vetou a lei e que podería ir ao BOE
O Congreso estudará a decisión do Senado de vetar e devolver a lei

O PSOE pide o cesamento ou dimisión de Tellado "por utilizar as vítimas da ETA"
10/10/2024 12:08
O voceiro do PP no Congreso replica que quen "utiliza" as vítimas é o Goberno
.jpg)
O Senado apraza o debate da lei que inclúe beneficios penais para etarras
08/10/2024 11:06
A aprobación da lei suporía que os presos da ETA poderían descontar das súas condenas o tempo que pasaron en cárceres franceses e saír de prisión antes do que estaba previsto
O Partido Popular gaña tempo para intentar que o Goberno retire a norma aprobada por unanimidade no Congreso, xa que de non ser así entraría en vigor a pesar de que o Senado votase en contra

O PP retira da orde do día no Senado a lei que inclúe beneficios penais a etarras
08/10/2024 08:01
Os populares minoran a tramitación do cambio legal, pero só o Goberno pode retirar a reforma
O Executivo lembra que a emenda, de Sumar, se aprobou por unanimidade e sen polémica

07/10/2024 21:15
Os populares, maioritarios no Cámara Alta, gañan así tempo á espera de que o Goberno decida se mantén o texto ou ben o retira, como esixiron

07/10/2024 14:49
O texto foi aprobado por unanimidade no Congreso e vótase este martes no Senado
O Goberno pide que continúe a súa tramitación mentres o PP anuncia que fará todo o posible por reverter a reforma

Mero Barral: "Meus pais estaban na tumba mentres se achegaban presos etarras a Euskadi"
13/09/2024 14:42
O coruñés Mero Barral quedou orfo aos catro meses cando ETA matou os seus pais. A súa avoa tivo que crialo xunto co seu irmán, de catro anos
Seu avó quedou en Londres, onde traballaba emigrado, para poder sacar a familia adiante

O BOE publica a xubilación forzosa do xuíz Manuel García-Castellón
02/09/2024 09:58
O maxistrado da Audiencia Nacional retírase ao facer os 72 anos, a idade máxima permitida por lei para exercer o cargo
A titular do Xulgado Central de Instrución Número 3, María Tardón, asumirá as súas causas ata que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) designe un substituto
O xuíz instruíu importantes causas relacionadas co terrorismo e a corrupción e arquivou o caso dos disturbios rexistrados en 2019 en Cataluña atribuídos a Tsunami Democràtic

O exlíder de ETA Txeroki, trasladado desde Francia á prisión donostiarra de Martutene
22/08/2024 18:48
Acordouse que cumpra en España os anos de prisión que lle quedaban en Francia, e a partir de agora poderá ser xulgado en España polos delitos pendentes
En 2011 foi condenado a 377 anos de prisión pola Audiencia Nacional

Procesados Txapote, Amaia e outros catro ex-xefes de ETA polo asasinato dun empresario
09/07/2024 12:31
A xuíza explica na súa resolución que todos eles formaban parte do Comité Executivo de ETA no período de tempo en que se decidiu, planificou e materializou o asasinato de Francisco Arratibel en 1997

A ex-xefa da ETA Anboto négase a declarar ante o xuíz polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
19/04/2024 14:30
A Audiencia Nacional deberá decidir se se xulga os investigados ou se arquiva a causa

Otxandiano: "Se coas miñas palabras puiden ferir a sensibilidade das vítimas da ETA, pido perdón"
18/04/2024 10:12
O candidato de EH Bildu a lehendakar di que a coalición "está a dar pasos, seguramente insuficientes" no camiño cara á reconciliación
PNV e PSOE critican a postura do partido abertzale
O PP acusa os socialistas de "hipócritas"

06/02/2024 19:52
A proposta é do Partido Popular e inclúe tamén prohibir as homenaxes a terroristas

O xuíz García-Castellón reabre a causa sobre as homenaxes a etarras excarcerados
31/01/2024 14:14
Arnaldo Otegi pon en dúbida a independencia do Poder Xudicial

A Fiscalía considera probado que Txapote e Amaia asasinaron a Manuel Zamarreño
25/01/2024 14:59
A acusación pide para cada un deles 120 anos de prisión

Txapote négase a declarar no xuízo polo asasinato do concelleiro do PP Manuel Zamarreño
24/01/2024 14:46
A Fiscalía pide para o exdirixente de ETA 120 anos de cárcere
O escolta do edil asasinado relatou no xuízo as lesións que sufriu no atentado, hai 25 anos

Multitudinaria manifestación en Bilbao polos presos da ETA
13/01/2024 18:13
Os manifestantes denunciaron que os presos de ETA non estean suxeitos á política penal ordinaria
Na mobilización participaron políticos de EH Bildu, Elkarrekin Podemos, Junts, ERC, a CUP, así como tamén outras entidades independentistas catalás, ANC e Ómnium, e os sindicatos nacionalistas de Euskadi

Orde de detención e prisión para Txapote e outros tres dirixentes da ETA
04/10/2023 14:55
A Audidencia Nacional dita unha orde de detención pola súa presunta implicación no asasinato do maxistrado Querol Lombardero

O ex-xefe de ETA Carrera Sarobe, condenado a 30 anos de prisión por asasinar a Giménez Abad
22/09/2023 12:58
Os maxistrados da Audiencia Nacional decidiron absolver a Miren Itxaso Zaldúa, Sahatsa, quen tamén foi xulgada por este crime

Fanse 26 anos do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco
10/07/2023 14:47
En Ermua recordouse a mobilización que superou o medo como punto de inflexión na loita contra o terrorismo

Sánchez di que Bildu errou nas súas listas e esixe máis rotundidade ao pedir perdón
17/05/2023 08:05
A voceira de EH Bildu di que o compromiso da súa formación coa convivencia é "clarisimo"
Cuca Gamarra pídelle a Sánchez que renuncie aos pactos cos abertzales
A Fiscalía non ve ilegal a inclusión de condenados por terrorismo nas listas de Bildu

Un membro da ETA que matou un policía natural de Baleira vai nas listas de Bildu ao Concello de Irún
12/05/2023 13:53
Juan Ramón Rojo fora condenado pola Audiencia Nacional a 27 anos de prisión polo asasinato de José Anseán

Francia autoriza a España a xulgar a Kantauri polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
10/05/2023 21:38
O ex-xefe de ETA está acusado de dar a orde de secuestrar e matar o edil de Ermua

Máis de 20.000 persoas reclaman en Bilbao "a volta á casa" dos presos da ETA
07/01/2023 21:19
Sare pide que xuíces e fiscais "deixen de retorcer a lei" e permitan, "coa lexislación ordinaria", achegar os reclusos "á casa"
Os organizadores aseguran que unha aplicación da lei ordinaria outorgaría a liberdade condicionada ou a semiliberdade a 110 reclusos

Atopan un zulo abandonado da ETA nun bosque de Oñate en Guipúscoa
23/10/2022 11:32
No interior cuberto por pedras lozalizáronse oito detonadores, restos de mecha e unha bolsa con dous quilos de explosivo tipo Goma

O ex-xefe de ETA Kantauri declara polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
17/10/2022 08:24
É o terceiro dirixente da organización interrogado

Interior traslada a prisións vascas os terroristas Txapote e Parot
31/08/2022 19:21
Os dous foron xefes da ETA

22/07/2022 11:15
Nesta causa, o xuíz trata de esclarecer se a cúpula da organización terrorista ETA foi responsable de encargar o seu asasinato

Galicia recorda a memoria de Miguel Ángel Blanco nos 25 anos do seu asasinato
13/07/2022 17:01
Vigo inaugurou unha praza dedicada ao concelleiro popular de Ermua e o Parlamento e concellos e deputacións recordaron a data cun minuto de silencio

A Lei de Memoria Democrática, pactada con Bildu, divide os partidos políticos
11/07/2022 07:54
Foi o pano de fondo no acto de Ermua en homenaxe a Miguel Ángel Blanco
A oposición repróchalle ao Goberno que pactara o texto con Bildu

INTERACTIVO | Cronoloxía do secuestro e morte de Miguel Ángel Blanco
10/07/2022 14:56
A través desta liña do tempo facemos memoria dun dos episodios máis lembrados na loita contra ETA
Crónica do acto oficial de homenaxe ás vítimas do terrorismo

Filipe VI pide que o espírito de Ermua non caia no esquecemento
10/07/2022 08:18
Sánchez defende construír unha memoria colectiva que preserve os valores democráticos que representan as vítimas do terrorismo
Marimar Blanco pide que a memoria democrática recoñeza a verdadeira historia do terrorismo "con bos e malos"
INFOGRAFÍA: Así foron as últimas 100 horas de Miguel Ángel Blanco

A directora da Fundación Miguel Ángel Blanco apela á unidade política na condena ao terrorismo
08/07/2022 15:12
O próximo domingo 10 de xullo cúmprense 25 anos do secuestro e posterior asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans de ETA.

Imputan tres exdirixentes de ETA polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
08/07/2022 12:10
O xuíz responsabiliza a Mikel Antza, Anboto e Kantauri de ser os responsables como xefes da banda de establecer a estratexia que levou ao secuestro e asasinato do concelleiro de Ermua e de non evitar o seu desenlace